Mostrando entradas con la etiqueta Lugares con encanto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lugares con encanto. Mostrar todas las entradas

sábado, 5 de mayo de 2012

Onde o mundo se chama Celanova

















Nacín (modestia fora)
nun lugar onde o mundo
se chama Celanova.
Moitas vegadas
a miña nai contóumo.
O día que ti naciche
houbo estranas sinales no ceo.
Outo era entón o vento de xaneiro,
as pombas do solpor tornaban lentas
na serán sosegada.
Arpas invisíbeles,
penduradas das torres centinelas,
mentían un rumor de frautas doces.
Cando chegóu a noite envolta en nardos
coutóu a derradeira luz do día
que aguniaba alá lonxe
como brasa mortiza dun rescaldo.
(Como brasa mortiza
ten sido a miña vida,
como brasa mortiza dun rescaldo.
Por eso vivo coa angueira
de non saber si son lume
ou si son somente fume
dunha remota fogueira.)

Celso Emilio Ferreiro
Modestia fora

sábado, 21 de abril de 2012

Fervenza do río Toxa





Un lugar máxico que se encontra situado perto do corazón de Galicia. Nel, podemos atopar unha femosa fervenza.